Miña nai,
levo dúas semáns sen escribir entradas, incrible en min, pero isto da vida está indo a cen por hora. Cando escribin o traballo en N´gauma xa levaba duas semáns currando nos distritos. Este era o mes de reparar e construir tanques.
A segunda semán tocou en Sanga, un distrito o norte de Lichinga, que ten estrada asfaltada ata a sede, pero como non, os tanques están nunha comunidade onde cristo perdeu a chapa e tivo que camiñar.
Coa chuvia o camiño de barro fíxose case imposible, e inda por riba chegou o Ministro das Pescas de Mozambique de visita a Niassa, e claro, secuestraron o carro que nos estabamos a usar para o traballo, e nos deixaron unha tartana, cos amortiguadores chungos, e un conductor reserva de agricultura, que ninguen lle da carro oficial (mal rollito).
O chegar o vellote presidente da asociación "Caluleni Chitucuco" que en Jagua significa: "Vinde a ver progreso"(moi optimistas os gallos), estaba a espera cos 8 homes que lle dixeramos que buscara entre os mellores das asociación para o curro de reparación de tanques. A idea é que a xente das asociación se involucre e bote unha man, aprendendo cousas básicas que podan logo facer nos seus tanques. Están todos que meten medo.
Falamos durante 5 minutos sobre o traballo, as condicións, e a gratificación que ían recibir, non salario, xa que a idea é que o traballo é da asociación para mellorar os tanques da asociación e nos pomos os coñecementos técnicos, a ferramenta, e esta gratificación para que os homes podan comer alí mesmo. Todo isto o explicaba o Sr Pihale en Jagua xa que a maior parte deles non fala moi ben portugues e o entende asi asi.
Así que repartimos o 50% da gratificación, baixamos todas as ferramentas e fumos os tanques, o chegar o sorriso rebosou a miña cara, o vellote fixera case todo o que lle recomendaramos. Cortou o Capín (herba alta) do redor do tanque, a anterior vez era tan alto que se deixaba de ver a un home que se metera por el (home ou predador que veña a poñerse as botas cos nosos peixiños). Vaciou toda a auga abrindo o muro embaixo e pescou todos os peixes, que levaban dous anos alí!!! (cos descontrol que iso crea, reproduccións consaguineas, falta de alimento e calquera tipo de control), viu xente dende máis de 40 kilometros a mercar o peixe, xa que aqui comer peixe fresco é algo moi moi raro.
E co subidón que da ver que a xente ten gañas comezamos o curre. Estou aprendendo moito desta xente, e de como hai que facer as cousas, antes veía algo que ía mal e o dicía en voz alta, o pobre que estaba diante miña, se quedaba petrificado, porque falo moi alto e cun tono demasiado forte e galego para eles, e acababan desmoralizados, así que agora deixo que fagan e digolle a Pihale, Mucavele ou Nicolau como debería ser feito e eles falan cos homes dunha forma máis cercana (moitas veces en dialecto, o que mellora moito o diálogo).
Comezamos polo interior.Tirar o "matope" (barro) de dentro do tanque, xa que este consume oxiseno e precisabamos de máis profundidade.
Eu sempre que chego a un tanque novo digo "hoxe non fago nada físico", porque senmpre estou baldado, pero me dura ben pouco, acabo movendo terra coa eixada (legón) ou pá, aplanando muros, ou reforzando as esquinas con terra.
O traballo ía vento en popa, os homes falaban e rían, a un se lle ocurriu que podían facer unha especie de escobón xigante con capín e arrastrar o matope cara a abertura.
A idea era boa, as gañas moitas, así que o equipo técnico apoiou e dixo: se fora unha taboa sería máis rapido. Algún home foise a casa e voltou cun tablon no hombro, e veña a darlle.
Paramos para comer, nos subimos a casa do presidente, alí o conductor fixera un carril (guiso) de caza, que cando estaba comendo entereime que era gacela, boisimo, e xima, é dicir, fariña cocida.
O baixar os homes remataran de comer millo o fogo e non sei que máis e estaban a chuchar cana de sucre.
Comentáronlle o seguinte a facer, "paular" o muro de embaixo, e dicir, deixalo todo plano e cunha inclinación suficiente, para evitar a erosión e mellorar a pesca do peixe.
O muro, como todos os muros de todos os tanques que vin, era irregular, grande nunhas partes e estreito noutas, habia que cambiar iso.
Eu paso o día vendo defectos, e cousas por facer, e o Mucavele, todo sorriso e animo, sempre esta co de "perfeito perfeito non vai quedar...pero bonito si". Os catro das pescas facemos un bo equipo, nos complementamos moi ben e cada un vai asumindo un papel e vai desenvolvendo según as necesidades, incluso o de currito, todos botamos unha man, inda que vendo a camisa de discotequeiro do Mucavele parece mentira.
O segundo día, non só nos estabamos feitos polvo, os homes de ferro que curraron a saco, tamén, xa non falaban tanto, nin bromeaban, había un ambiente tenso, que entendín logo, cando un home alto e novo falou con Mucavele e lle plantexou que era moitisimo traballo e pouco diñeiro. Mucavele, que é un político estupendo, fai pases en curto, e desvía as cuestións para máis tarde, animando a xente a continuar o traballo, non sei como o fai, pero funciona.
O segundo día foi durisimo, traballouse nos muros, moita terra que mover, apilar e aplastar...
Á hora da comida subimos, e depronto vinme nunha cadeira de madeira, na porta dunha casa de teito de palla, sentado coas botas de goma desexando comer a xima e o polo coas mans, como se fora o que levo facendo toda a vida, empecei a rir e tirei unhas fotos, porque vexo que nestas circunstancias me parece normal mil cousas que non son comúns en Teis, pero que eu as fago e penso como o máis normal do mundo, supoño que será que me adapto.
Cando remataba a xornada, o Mucavele que non me deixa de sorprender, sentouse cos homes e comezou o traballo ideolóxico. Falaron do curre, el moi tranquilamente ia comentando cousas que parecían non estar moi conectadas, pero os homes escoitaban atentamente, tanques, peixes, visitas oficiais, o projecto, o peixe, a finalidade dos traballos. Tras unha hora de diálogo moi productivo, o Mucavele, ante a insistencia dos homes preguntou que de canto estaban a falar. 50Meticais máis a cada home, se me caeu a alma os pes, nin dous euros que eles valoraban moitísimo.Eu calei, pero logo falei con Muca e claro que llos daremos.
O último día, si, si en tres dias arranxamos un tanque de 300 metros cadrados, a caña! este último día o adicamos a axustar ese rpimeiro tanque, falando moito cos homes para que entenderan que traballo habería que facer no seguinte. Estaba contento, aquelo marchaba, os muros crecían, a perfección non existe, pero a mellora era notoria. Unha idea rondaba na miña cabeza: ainda quedan tres sitios por visitar, ai oma, entre iso e as viaxes en coche teño a espalda e o sitio onde a espalda perde o nome feito un 8.Pero sorrindo e sentindome moi moi ben.
Moito do que fago é por eles.
ADICADO A TODOS/AS OS QUE DESEXADES UNHA ENTRADA SOBRE MUCAVELE, PIHALE E DEMÁIS PERSONAXES AFRICANOS.
Mi madre,
llevo dos semanas sin escribir entradas, increíble en mí, pero esto de la vida está yendo a todo correr ahora. Cuando escribí el trabajo en N´gauma ya llevaba dos semanas currando en los distritos.
Este era el mes de reparar y construir tanques. La segunda semana tocó en Sanga, un distrito al norte de Lichinga, que tiene carretera asfaltada hasta la sede, pero como no, los tanques están en una comunidad donde cristo perdió la chapa y tuvo que caminar.
Con la lluvia el camino de barro se hizo casi imposible, y además llegó el Ministro de las Pescas de Mozambique de visita a Niassa, y claro, secuestraron el carro que nosotros estábamos usando para el trabajo, y nos dejaron una tartana, con los amortiguadores chungos, y un conductor reserva de agricultura, que nadie le de la carro oficial (mal rollito).
Al llegar el vellote presidente de la asociación "Caluleni Chitucuco" que en Jagua significa: "Venid a ver progreso"(muy optimistas los gallos), estaba a la espera con los 8 hombres que le habíamos dicho que buscara entre los mejores de las asociación para el curro de reparación de tanques.
La idea es que la gente de las asociación se involucre y eche una mano, aprendiendo cosas básicas que podrán luego hacer en sus tanques. Están todos que meten miedo.
Hablamos durante 5 minutos sobre el trabajo, las condiciones, y la gratificación que iban a recibir, no salario, ya que la idea es que el trabajo es de la asociación para mejorar los tanques de la asociación y nosotros ponemos los conocimientos técnicos, la herramienta, y esta gratificación para que los hombres puedan comer allí mismo.
Todo esto lo explicaba el Sr Pihale en Jagua ya que la mayor parte de ellos no habla muy bien portugués y lo entiende asi asi. Así que repartimos el 50% de la gratificación, bajamos todas las herramientas y fuimos a los tanques, al llegar la sonrisa rebosó mi cara, el vellote había hecho casi todo lo que le habíamos recomendado.
Cortó el Capín (hierba alta) de alredor del tanque, la anterior vez era tan alto que se dejaba de ver a un hombre que se metiera por él (hombre o predador que venga a ponerse las botas con nuestros peixiños).
Vació toda el agua abriendo el muro abajo y pescó todos los peces, que llevaban dos años allí!!! (con el descontrol que eso crea, reproducciones consaguineas, falta de alimento y cualquier tipo de control), vino gente desde más de 40 kilometros a comprar el pescado, ya que aqui comer pescado fresco es algo muy muy raro. Así que con el subidón que da el ver que la gente tiene ganas comenzamos el curre.
Estoy aprendiendo mucho de esta gente, y de cómo hay que hacer las cosas, antes veía algo que iba mal y lo decía en voz alta, el pobre campones que estaba delante mía, se quedaba petrificado, porque hablo muy alto y con un tono demasiado fuerte y gallego para ellos, y acababan desmoralizados, así que ahora dejo que hagan y le digo a Pihale, Mucavele o Nicolau como debería ser hecho y ellos hablan con los hombres de una forma más cercana (muchas veces en dialecto, lo que mejora mucho el diálogo).
Comenzamos por el interior.Tirar el "matope" (barro) de dentro del tanque, ya que este
consume oxígeno y necesitabamos de más profundidad. Yo siempre que llego a un tanque nuevo digo "hoy no hago nada físico", porque siempre estoy baldado, pero me dura bien poco, acabo moviendo tierra con la eixada (azada) o pala, aplanando muros, o reforzando las esquinas con tierra.
El trabajo iba viento en popa, los hombres hablaban y reían, a uno se le ocurrió que podían hacer una especie de escobón gigante con capín y arrastrar el matope hacia la abertura.
La idea era buena, las ganas muchas, así que el equipo técnico apoyó y dijo: si había sido una tabla sería más rápido. Algún hombre se fue a casa y volvió con un tablón en el hombro, y venga a darle.
Paramos a comer, nos subimos a la casa del presidente, allí el conductor había hecho un carril (guiso) de caza, que cuando estaba comiendo enteré que era gacela, buenísimo, y xima, es decir, harina cocida. Al bajar los hombres habían rematado de comer maíz al fuego y no sé que más y estaban chupando caña de sucre. Le comentaron lo siguiente a hacer, "paular" el muro de abajo, es decir, dejarlo todo plano y con una inclinación suficiente, para evitar la erosión y mejorar la pesca. El muro, como todos los muros de todos los tanques que vi, era irregular, grande en unas partes y estrecho en otras, había que cambiar eso.
Yo paso el día viendo defectos, y cosas por hacer, y el Mucavele, todo sonrisa y ánimo, siempre esta con lo de "perfeito perfeito no va a quedar...pero bonito sí". Los cuatro de las pescas hacemos un buen equipo, nos complementamos muy bien y cada uno va asumiendo un papel y va desarrollando según las necesidades, incluso lo de currito, todos echamos una mano, aunque viendo la camisa de discotequero del Mucavele parece mentira.
El segundo día, no sólo nosotros estábamos hechos polvo, los hombres de hierro que curraron a saco, también, ya no hablaban tanto, ni bromeaban, había un ambiente tenso, que entendí luego, cuando un hombre alto y joven habló con Mucavele y le planteó que era muchísimo trabajo y poco dinero. Mucavele, que es un político estupendo, hace pases en corto, y desvía las cuestiones para más tarde, animando a la gente a continuar el trabajo, no sé como lo hace, pero funciona.
El segundo día fue durisimo, se trabajó en los muros, mucha tierra que mover, apilar y aplastar....
A la hora de la comida subimos, y de pronto me vi en una silla de madera, en la puerta de una casa de techo de paja, sentado con las botas de goma deseando comer la xima y el pollo con las manos, como si fuera lo que llevo haciendo toda la vida, empecé a reír y tiré unas fotos, porque veo que en estas circunstancias me parece normal mil cosas que no son comunes en Teis, pero que yo las hago y pienso como lo más normal del mundo, supongo que será que me adapto.
Cuando acababa la jornada, el Mucavele que no me deja de sorprender, se sentó con los hombres y comenzó el trabajo ideológico. Hablaron del curre, él muy tranquilamente iba comentando cosas que parecían no estar muy conectadas, pero los hombres escuchaban atentamente, tanques, pescados, visitas oficiales, el projecto, la finalidad de los trabajos. Tras una hora de diálogo muy productivo, el Mucavele, ante la insistencia de los hombres preguntó que de cuanto estaban hablando. 50Meticais más la cada hombre, si me cayó el alma los pies, ni dos euros que ellos valoraban muchísimo.
Yo callé, pero luego hablé con Muca y claro que se los daremos. El último día, sí, sí en tres días arreglamos un tanque de 300 metros cuadrados, la caña! este último día lo dedicamos a ajustar ese tanque, hablando mucho con los hombres para que entendieran el trabajo que habría que hacer en el siguiente.
Estaba contento, aquelo marchaba, los muros crecían, la perfección no existe, pero la mejora era notoria. Una idea rondaba en mi cabeza: aun quedan tres sitios por visitar, ay oma, entre eso y los viajes en coche tengo la espalda y el sitio donde la espalda pierde el nombre hecho un 8.Pero sonriendo y sintiéndome muy muy bien.
4 comentarios:
Bienaventurados los ojos que te leen.
Me alegro de que el trabajo de sus frutos, que andes a cien por hora enriqueciendote con todo lo q te rodea. Quien sabe, hasta parece q te estas adaptando y todo... ;p
Un fuerte abrazo!
Por botarte por exemplo un soriso de ledicia cada vez que leo os froitos do teu e do seu traballo. Unha aperta compañeiro.
Noé.
que bueno , me alegra todo lo que estas haciendo y tantas cosas aprendiendo.... cuidate hermano.
Ai David, non sabes ben como de adaptado estou, e como de branco me vexo...gracias pola enerxia.
Noe o teu sorriso me anima,sei que te gostaria mil estar aqui, aplicate e en nada o farás.un abrazo.
Plas,a que se lee increible, pues no es nada, la vida simplemente,me estoy encrontando, aqui es facil.te quiero.Un abrazo
Publicar un comentario